Stop Motion PERDIDO?

 Este ano o proxecto do centro era o cine e a titora de 3 anos B xunto coa mestra de religión Vanesa  decidimos facer un Stop motion . 

Escollemos varios contos para que os nenos/as votaran cal se faría , fixemos un recuncho de gravación , preparamos o guión  , traducimos o texto ao galego, gravamos os textos cos nen@s, fixemos os debuxos do conto para o guión, aprendemos a mover os personaxes moi lentamente, fixemos fotos... 

Por fin, despois de 6 meses de traballo e miles de fotos ...rematamos a nosa curtometraxe. O resultado superou as nosas espectativas e estamos moi orgullosas do traballo dos pequechos. 

A curta dura 7,40 minutos e foron necesarios 6 meses de traballo e 2.258 fotografías ( sen contar as que foi necesario borrar ) .

Xustificación pedagóxica:

  • Traballamos o conto``Perdido? ´´ de Oliver Jeffers .
  • Colaboramos co proxecto do centro.
  • Aprendemos o texto en galego.
  • Memorizamos e gravamos a nosa frase. 
  • Mantivemos silencio durante as gravacións.
  • Respectamos os turnos de participación.
  • Tivemos control  motriz á hora de facer ás fotografías.
  • Aprendemos a facer movementos pequenos , lentos dos personaxes e obxectos.
  • Aprendemos que hai cousas que requiren de moito tempo de espera, paciencia e traballo.
  • Fomos mirando como evolucionaba  a nosa curta e emocionounos  oír a nosa voz na pantalla ou que as nosas personaxes se moveran soas.
  • Preparamos os distintos escenarios.
  • Debuxamos as distintas escenas.
  • Xogamos coas luces ,
  • Xogamos coas personaxes a inventarnos novas historias.
  • Compartimos un día de cine  coas familias para a estrea da curtametraxe  e facemos un libro de fotos para o recordo.
  • Utilizamos o móbil para facer fotos e gravar os textos, aros de luz, focos, retroproxector, lanternas...
  • Ampliamos vocabulario relacionado co texto.
  • Traballamos as emocións a través das personaxes.
  • Traballamos habilidades de pensamento :
    •  De onde puido saír ese pingüín? 
    • Que farías tí se atopas un pingüín na porta da túa casa ?
    • A quén lle pedirías axuda?
    • Que sabes dos pingüís? Cuidados, alimentación, necesidades...
    • Porqué estaba só? 
    • Que necesitamos meter nunha maleta para viaxar en barco ata o Polo Sur?
    • ...
Parabéns a todo o alumnado por tanto traballo e esforzo.

                                                                PERDIDO ?  OLIVER JEFFERS

Pincha na imaxe para ver a curtametraxe


Recordos de 4ºB E. Infantil

 Rematou o curso e a ``familia de 4ºB´´ de educación infantil xuntouse para ver una pouco do que fixemos ao longo do noso primeiro curso xuntos. 

Foi un bonito encontro no que a aula se convertiu nunha sala de cine e familias, nen@s  e mestra nos sentamos a disfrutar das pelis, tomamos un pequeno aperitivo , sacamos fotos para o recordo ( todo un éxito estas polaroid  ) creamos un bonito álbum e falamos un rato das sensacións, desexos, recordos... 

Grazas a todas as familias por crear un ambiente tan marabilloso, ou como diría Alma `` Maramilloso ´´

Non sería posible sen vós.

Agora toca encher as vacacións de bonitos recordos:  Noites observando estrelas, días de praia, concertos, voar cometas, facer xeados, visitar novos recunchos, pintarse de cores, facer cabanas, buscar tesouros... 

Feliz verán a tod@s!  

( pincha na imaxe para ver o vídeo )


DESPEDIDA CURSO 22-23 4ºEI A

Damos por finalizado este curso 2022-2023. Os nenos e nenas de 3 anos, familias e titora reunímonos esta ultima semana para despedirnos e poder ver uns videos dos pequerrechos/as.

Por un lado, visualizamos un curto de stopmotion onde os nenos e nenas poñen voz as persoaxes do conto "O PARAUGAS DE CEBRA" de David Hernández Sevillano, Editorial NubeOcho.




Por outro lado, pudimos botar a vista atrás e facer un repaso do transcurso destes meses. Podemos apreciar como creceron os nosos peques. 







SAÍDA Á PRAIA

 Este xoves fumos de excursión á praia con todo o cole! Deixovos algunhas das pouquiñas fotos que a diversión, a auga, a area e a protección solar permitíronme facer. Os mellores momentos foron cando estabamos mergullados na auga, chapoteando, xogando coas olas e cos cubos. 

Foi unha xornada verdaderamente xenial!









ACÉRCASE O FINAL DO CURSO...

Nestes últimos días de curso, na clase de 6º EI A estamos a levar a cabo diferentes dinámicas e hoxe levamos a cabo unha dos sentidos que tivo un gran éxito no alumnado. Deixando ao marxe os medos ao facer esta actividade cos ollos vendados e confiando nos compañeiros...descubrimos cómo explorar o mundo que nos rodea sen o sentido da vista.

Pinchando no vídeo poderedes ver o bo rato que pasamos.



EXCURSIÓN FINAL DE CURSO CORAZÓN DE CARBALLO

O 9 de maio, os nenos e nenas de 6º EI A fixemos a excursión de fin de curso xunto cas demáis clases de Educación Infantil.

Aquí vos deixo un video recopilatorio dos mellores momentos da saída para recordar o ben que o pasamos.



OBRADOIRO DE ARTE


Despois do patio, os nenos e nenas atopáronse coa clase patas arriba, literalmente. Mesas ao revés, luz apagada, e cores que brillaban na escuridade co foco de luz negra.

As mesas convertíronse en barcos piratas onde subirse para pintar desde dentro, e movelas dun lado a outro.